"Dado o tamaño da criatura que viña, o doutor Echegoyen, coa conformidade dos meus pais, acordou cesárea. Cando me viron, rosado e groso coma un anxo, sen padecemento fetal, as enfermeiras dixeron: isto non é un neno, é un cachalote. Dende neno escoitei contar esta historia, coñecida entre os veciños da rúa de San Domingos, en Ourense, onde viviamos, e que se referían a min co alcume de: o cachalotiño da Pepita. Quero crer que isto non me afectou. A memoria que conservo dese primeiro instante, dese primeiro nome, recibina da miña nai. Tardei, iso si, en me decatar de que, se eu era o cachalotiño da Pepita, a Pepita era a cachalote nai; malia ser miúda, delicada e algo feble por causa miña, pero tan garimosa como pode ser unha nai de cetáceo."
Son Francisco Fernández Naval, Chisco para os amigos, autor deste libro, Ser cetáceo, porque fun cetáceo unha vez e,e,e desde neno como consecuencia do alcume que me puxeron ao nacer, o cachalotiño da Pepita, sempre sentín atracción por o mundo dos cachalotes e das baleas moito antes de velos e de saber mui ben o que significaban.
A miña nai mercaba para nós, para miña irmá e para min, unhos chocolates de Nestlé que traían cromos, e había un álbum que eran Las maravillas del universo donde había un capítulo que se dedicaba, dedicado enteiramente aos cetáceos, e que fumos capaces de completar; sempre sentín atracción por este mundo.
Autor/a da transcrición: e~xenio