Fundamos a,a,a a Asociación Cultural Naufraxios Galegos, no 2015, que ten precisamente a súa sede en Camelle, i que dende que a fundamos alí pois temos tres percorridos históricos pola zona, un dedicado espresamente ao Camelle antigo e a José Baña Heim, outro sobre a pegada dos naufraxios no Camelle urbán i un terceiro que se chama o roteiro animado dos náufragos do Agra que vai dende Arou ata Camelle, un roteiro de tres quilómetros e medio con sete paradas teatralizadas que vai principalmente para narrar a historia deste naufraxio mítico i de outros tantos que aconteceron nesa, nesa franxa de litoral.
Decir que en Camelle e en Arou o segundo fin de semana de xullo temos un programa cultural que é, nada máis e nada menos, que o maior programa cultural dedicado a un naufraxio en Europa que xira en torno, precisamente, á celebración dos actos do naufraxio deste,e,e buque mercante mixto británico City of Agra. Hai,i,i temos unha exposición permanente sobre unha sala da historia dos naufraxios de,e,e de Camelle no segundo andar do museo de Man, se fai un roteiro histórico teatralizado desde o mirador de Arou hasta,a,a a iglesia de Camelle donde está a propia campana do City, hai concertos, hai unha feira mariñeira, hai un concurso de tapas e,e,e i digamos que o acto máis emotivo, simbólico desos tres días acontece a noite do sábado cando vestidos de época, recreamos o salvamento dos mariñeiros de Camelle aos náufragos do City of Agra nun acto que se fai á noite que a verdade que é pois unha auténtica, unha auténtica marabilla e que non é nin máis nin menos que recuperar pos toda a nosa historia marítima, noso patrimonio material e inmaterial que neste caso, evidentemente, pois está vencellado cos naufraxios.
Autor/a da transcrición: e~xenio