Sabela
Losada Cortizas

Nada en Compostela, é experta en xénero, cooperación para o desenvolvemento e xestión cultural.

Leva desde os vinte anos vivindo entre Galiza e Latinoamérica onde ten traballado en proxectos de desenvolvemento e colaborado con organizacións de mulleres e os Festivais Internacionais de Cine de Dereitos Humanos (DERHUMALC) e de Cine Ambiental (FINCA) de Arxentina.

É a creadora de Dalúa Libros, autoeditora especializada en literatura infantil, onde publicou: La gallina Cocodrilo. Una historia en Tortuguero (2013), Lisa sabe (2013) e Herman@s (2016).

No 2018 a súa obra Vermella foi gañadora ex aqueo do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade e publicada por Baía Edicións.

No mesmo ano foi premiada no Certame Internacional Encarna León polo seu relato sobre a relación entre Rosalía de Castro e María Cardarelly, autora das súas primeiras fotografías, que será publicado no 2019.

[Decembro, 2018]