Ramón Neto naceu na Illa de Arousa en 1975. Licenciouse en Filoloxía Inglesa pola USC e na actualidade dedícase ao ensino. Reside en Bruxelas desde 1998 e é membro do Brussels Poetry Collective. A súa obra editada até o momento saiu á luz tras ter acadado os premios XM Pérez Parallé, Miguel González Garcés, Illas Sisargas de poesía erótica e Eusebio Lorenzo Baleirón:
A estación única dunha illa, Espiral Maior, 2010
As lavandas adáptanse a todo erro de navegación, Deputación da Coruña, 2012
Dominio público, Caldeirón, 2014
Zonas de tránsito, Sotelo Blanco (finais do 2015)
[Xullo, 2015]