Proiectus vitae
Autor nado no confín dos verdes castros no Concello de Cabana de Bergantiños no equinoccio outonal do 1980. Reside no presente na súa vila prefirida, Laxe.
Múltiples columnas literarias na extinta revista coruñesa Xente Nova (1995-1999). Foi cronista e membro directivo da redacción da revista Airiños. Tamén colaborou como articulista en El Periódico de Arteixo. Participou no Xurado do Concurso Literario Manuel Murguía de Contos no 2008. Foi membro fundador e dirixente do xa extinto grupo cultural O.L.C.A. Participou en centos de recitais de poesía en toda Galicia e diseñou outros centos de actos culturais sempre relacionados coa poesía ceibe e en galego. Activo dinamizador socio-cultural.
Premios literarios
Accésit de poesía II Concurso literario Rita Suárez Amado do ano 2007.
Accésit de poesía III Concurso literario Rita Suárez Amado do ano 2008.
Múltiples galardóns nos Concursos Literarios Don Bosco Coruña, entre outros concursos sen agasallo económico.
Presente
Tertuliano na sección literaria “A Goleta” en radio Nordés-Cadena Ser no programa Vivindo a costa na 92.2 FM
Locutor no programa cultural “Ó noso xeito” nas radios ceibes da Costa, radio Roncudo Corme 106.1 FM e radio Neria Corcubión 107.8 FM
Firma no diario dixital da Costa da Morte, Quepasanacosta
Funda e co-dirixe os grupos sociais e dixitais “Goleta Ó noso xeito” e “Xente de Bergantiños, Soneira, Xallas e Fisterra” (Ber.Son.Xa.Fis.)
Recitou en directo en:
Na Sala Cultural da Fnac da Praza de Lugo (A Coruña), en múltiples ocasións,
Na Sala Cultural do Sporting Clube Casino (A Coruña),
No Café Inglés de A Coruña, en innumerables recitais colectivos de balde,
Na Tertulia da Avenida Finisterre de A Coruña, tódolos xoves do ano durante varios anos,
No Babâ Bar de A Coruña, tamén en múltiples actos colectivos sen ánimo de lucro,
Na Biblioteca do Forum Metropolitano de A Coruña,
En Maquinaria Pesada de M. Valdivieso,
No Café de Fábula de Arteixo, tamén en múltiples recitais colectivos coas portas abertas e de balde,
No Rincón Habanero, Arteixo,
No auditorio do Centro Cívico de Arteixo, recitando e presentando varios eventos culturais importantes,
En Melandrainas Café Teatro Arteixo, en recitais colectivos benéficos,
No Pazo Mugartegui de Pontevedra,
Na Sala de Fontiñas en Compostela,
No Escenario do Dublín de Carballo ,
No Ateneo ferrolán,
En Artabria de Batallón perante as portas de Navantia de Ferrol,
E un cento máis de recitais por todálas contornas de Galicia.
Desde 2023 reside en Barizo (Malpica de Bergantiños). Publicou o seu libro de poesía en Galego Carbón querubín, editado en 2014 pola Asociación Petón do Lobo, tamén sen ánimo de lucro, edición especial agasallo a socios.
Colaborou mediante artigos de opinión e programas de poesía en lingua galega con: Radio Xallas Santa Comba, Adiante Galicia (xornal dixital), Radio Roncudo Corme e Radio Neria Corcubión e co diario dixital Que Pasa Na Costa. Tivo un espazo breve de poesía en galego en radio Nordés de Cadena Ser.
Foi firma e membro colaborador de Que Pasa na Costa, entre outras moitas participacións altruistas.
Recitoulle en directo os Traskis no Camiño dos Faros, no Castro de Borneiro e chegaron a apodalo como "o poeta traski" e "o faro" ou "o merlo branco" por determinados poemas, cancións {autor da letra}, etc.
Nomeado polos seus compañeiros/as na escrita nas redes, como "faro" ou "merlo branco", por determinados poemas e cancións (dos que é autor da letra).
Na actualidade lidera o grupo de facebook 'Noticias Bergantiños' e o grupo 'Poesía galega ceibe' dende a súa comarca de Bergantiños.
No ano 2023 segue activamente participando na poesía galega mediante os seus grupos nas redes sociais e participa como columnista en diferentes medios de comunicación de Galicia, destacando a súa dedicación activa no xornal 21noticias.com.
[Xaneiro, 2024]