Manuel Pereira Valcárcel naceu en Ouzande (A Estrada) o 9 de decembro de 1955. Reside en Madrid onde traballou de mestre até o seu retiro.
Membro da tertulia galega en Madrid asociada ao grupo Bilbao, que se iniciou en 1996.
É secretario de Olga. Revista de Poesía Galega en Madrid. Fundada por Sabino Torres en 2016 e dirixida por Vicente Araguas.
Participou nos libros colectivos: Intifada (Fundación Araguaney, Santiago, 1989 e 2003); Homenaxe a Miguel González Garcés (Deputación da Coruña, 1991); Comercial (Río Xuvia Edicións, Neda-A Coruña, 1998), Muller de doce sal. Homenaxe a Inés Canosa (vtp, Madrid, 2000); 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (Xerais, Vigo, 2001); O trazo aberto (Deputación de Pontevedra, 2002); Pontevedra Literaria (Concello de Pontevedra, 2007); Amour fou. Ebrio desván de los amores locos, coordinado por Antonino Nieto (Sial Pigmalión, 2016); entre outros.
Figura nas antoloxías poéticas: 25 anos de poesía galega 1975-2000, de Luciano Rodríguez (La Voz de Galicia, A Coruña, 2002); Poesía Contemporánea Tabeirós-Terra de Montes de Carlos Loureiro (Edicións Fervenza, A Estrada, 2005); A cidade na poesía galega do século XXI de Gonzalo Vázquez (Toxosoutos, 2011); Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega. Apuntes para no disolverse en la común semilla del tiempo de Antonino Nieto Rodríguez (Editorial Endymión, Madrid, 2012); e La lluvia en el mar de Vicente Araguas (Sial-Pigmalión, Madrid, 2018).
Coordinou, xunto con Vicente Araguas, a edición de En tránsito. Poesía galega en Madrid (Ediciós do Castro, O Castro-Sada, 2001).
Colaborou en distintos medios de prensa escrita, Encrucillada, Luzes de Galiza, Contrarretranca, A freita, Tabeirós Terra, O Correo Galego, Madrygal, Serta, Carreiros, Salamandria, Miscelánea Histórica e Cultura da Estrada etc. Nas convocatorias dos anos 1999 e 2000 obtivo mencións de honor no concurso xornalístico MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA.
En narrativa, gañou a novena edición (1992) do premio de relatos Casa de Galicia en León por Día de inverno e en 1999 concedéronlle un accésit no concurso MODESTO R. FIGUEIREDO pola narración Sobremesa.
Está incluído na antoloxía Narrativa Contemporánea Tabeirós-Terra de Montes de Carlos Loureiro (Edicións Fervenza, A Estrada, 2005).
No ano 2014 coordinou con Sargar Palanques e José María Gago o libro: El Colegio de Huérfanos del Magisterio “Ntra. Sra. del Pilar”: una memoria.
De xeito individual publicou:
POESÍA
- Poemas de cinza (Edición do autor, Madrid, 1990).
- Todo morte (Edicións Río Xuvia, Neda-A Coruña, 1998, reeditado en 2006 por Ediciós do Castro, Sada-A Coruña).
- Rosa íntima (Espiral Maior, A Coruña, 2000).
- Inventario de fragmentos (Libros da Frouma-Librería Follas Novas, Santiago de Compostela, 2001) co que conseguíu o premio Rosalía de Castro, na modalidade de galego, da Casa de Galicia en Córdoba.
- Libro das viaxes (Editorial Litoral das Rías, Pontevedra, 2003).
- Tatuaxes: Editorial Follas Novas, Santiago 2011.
- Interior con froiteiro e feridas/Interior con frutero y heridas. Editorial Aqua, Zaragoza, 2012.
- Tatuaxes/Tatuajes. Editorial Amargord, Madrid, 2012.
- Albas e epílogos/Albas y epílogos. Edicións Fervenza, Silleda, 2018.
PROSA
- Traxectos curtos (Editorial TresCTres, Santa Comba, 2005).
- Días do final (Editorial Galaxia, Vigo, 2007).
- Malas Cartas (Editorial Biblos, Cesuras 2010).
[Xaneiro, 2021]