Lucía
Novas

Lucía Novas nace en 1979 en Bueu, no Morrazo. Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, exerce de docente de Lingua e Literatura Galega no Ensino Secundario. Autora dos libros Epiderme de estío (Espiral Maior, 2001), que recibiu o Premio de Poesía Concello de Carral, Neve (Espiral Maior, 2010), Premio de Poesía Johán Carballeira, e Cervatos (Kalandraka, 2017). Poemas da súa autoría aparecen recollidos nas antoloxías Novas de poesía. 17 poetas, Poetízate. Antoloxía da poesía galega, Das sonorosas cordas. 20 poetas dende Galicia e Erato. Bajo la piel del deseo, así como en diversos volumes colectivos e publicacións, das que son mostra Grial, Dorna, PolpA, Casa da Gramática ou Escrita Contemporánea. Recibiu os premios Minerva, Universidade de Vigo, Faustino Rey Romero, Concello de Carral e Johán Carballeira, e participou como relatora no curso Demasiados zapatos para unha cincenta, na Universidade de Salamanca, nas xornadas de Poesía Última da Fundación Alberti e no V Encontro de Novos/as Escritores/as da AELG.

[Outubro, 2018]