Eva
Mejuto

Eva Mejuto (Sanxenxo, Pontevedra, 1975), estudou Xornalisno na Universidade de Santiago de Compostela e traballou no sector editorial infantil, en Kalandraka e posteriormente en OQO desde 1998 ata o 2016. Actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. É, asemade, docente no máster Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Universidade de Vigo e vén de rematar a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado: "Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas". É autora de diversas adaptacións de contos tradicionais a álbums ilustrados, traducidos a máis de dez idiomas.

22 segundos, publicada por Xerais na colección Fóra de xogo, é a súa primeira incursión na narrativa xuvenil (www.22segundos.gal)

[Xuño, 2017]