Dores
Tembrás

Nacín en Bergondiño en 1979, alí me criei ata 1986, ano en que nos trasladamos á Coruña. Licencieime en Filoloxía Hispánica no 2001. A continuación fixen os cursos de doutoramento no bienio 2001-2003. E logo de diferentes estadías investigadoras en Suecia, Madrid e Bos Aires, defendín na UDC a miña tese doutoral o 30 de xaneiro de 2008: La obra poética de Alejandra Pizarnik. Arquitectura de un desencuentro.

En 2009 publico o meu primeiro poemario O pouso do fume.

[Xuño, 2009]