Pontevedra 1959. Dende moi novo trasladouse a Marín. Reside en Cambados, onde casou. Ten dous fillos.
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialidade de Arte. Profesor de Ensino Secundario con destino no IES Asorey de Cambados
Membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e do PEN Clube Escritores de Galicia. Colaborador de diversas publicacións culturais como: Rollo Klave, Poesía de Galicia, Ría do Ocio do Faro de Vigo, Cerna, Enormic Banda.
Realizou análise e crítica literaria na Guía dos Libros novos e no Faro da Cultura, Suplemento do Faro de Vigo.
Participante, moderador e organizador de múltiples actos literarios, culturais, exposicións, conferencias, presentación de libros, recitais etc, destacando: Participación e colaboración na organización do 1º Congreso da Poesía Galega, celebrado en Vilagarcia de Arousa no ano 1997. Membro do Comité Organizador do Ano Cabanillas en Cambados 2009. Coordinador das Xornadas: “Ramón Cabanillas e a Modernidade na Poesía Galega”, Cambados 27-28 de Novembro de 2009, organizado polo PEN Clube e a Dirección Xeral de Libros Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura. Membro do Comité Organizador do Ano Asorey en Cambados 2011.
Articulista semanal no Diario de Arousa, dende decembro de 2011.
Concelleiro e Portavoz do Grupo do PSdeG-PSOE no Concello de Cambados, entre os anos 1992-2011. Deputado por Pontevedra no Congreso nas VIII e IX Lexislatura: entre Marzo de 2004 e Setembro de 2011, polo PSdeG-PSOE.
Obra Publicada
Colectivos
[Decembro, 2022]