Chámome Blanca Vilela Fernández, aínda que o meu nome literario é "Branca Vilela". Nacín na Coruña o 06-08-1964. Vivo desde entón en Fisterra. Aos 19 anos marchei para Madrid traballar para a Prensa Española na sección de entrevistas e suscricións á revista Actualidad Económica. Tamén naquela altura era Consignataria de Buques no Porto de Fisterra. En 1987 e até a data dirixo como Xerente Administradora dúas empresas de pesca, unha delas francesa, polo que me obriga a viaxar constantemente á Francia.
Á idade de 14 anos gañei o Primeiro Premio de Redacción San Fernando, aos 15 anos o Terceiro Premio de dito certame e simultáneamente o segundo Premio de Poesía A praia. Aos 18 anos estabelecín amizade con Don Camilo José Cela que veraneaba en Fisterra, suscribiume a diferentes revistas literarias enviándolle algún poema. Dita amizade foi constante até que se trasladou a vivir a Guadalajara, aínda que nunca perdemos o contacto.
No ano 2004 publiquei o meu primeiro libro de poesía en español Anclas varadas en la memoria da Editorial SIAL (Madrid). Este libro foi presentado, entre outros sitios, na Libraría Arenas da Coruña por José María Paz Gago (Catedrático de Literatura Comparada da Universidade da Coruña), Lucía Fraga, Basilio Rodríguez Cañada, editor e presidente do PEN CLUB España, Juan Angulo, poeta e José Manuel Traba Fernández, alcalde de Fisterra. Tamén foi presentado no Ateneo de Madrid e na Feira do Libro de Madrid. Participei no programa de RNE "El Club de los poetas vivos" e tamén asisto ás "Xornadas de Poesía Ultimísima" na Fundación Rafael Alberti de Cádiz.
En 2005 publícase o meu segundo libro de poesía en galego A faciana das augas da editorial Toxosoutos (Noia). Foi presentado en Muxía, Fisterra e Coruña ficando pendentes outras presentacións debido a que a citada primeira edición se esgotou ao pouco de saír. Este libro participou nun estudo da Universidade de Dakota do Norte entre varios libros da península ibérica escritos en lenguas romances. Foi seleccionado pola crítica norteamericana da prestigiosa revista Quaterly e premiado con Mención de Honra por dita entidade, e será traducido para o inglés.
Participei en antoloxías e revistas literarias como: Alora, la bien cercada, Galicia en Madrid etc. De próxima aparición a antoloxía Sólo Mujeres, da Editorial Amargod (Madrid). Son Socia Fundadora do PEN CLUB ESPAÑA.