V Xornadas de Literatura e Ensino
Cartografías do presente: a Literatura Galega do século XXI (2000-2016)
Santiago de Compostela (IES Fontiñas - Rúa Estocolmo, 5)
15 de outubro
Nesta V edición, baixo o título “Cartografías do presente: a Literatura Galega do século XXI (2000-2016)”, apostamos por partillar un menú completo e equilibrado que alimente os tempos de lectura, ociosa e formativa, pairando a nosa ollada na cartografía literaria máis actual, aquela que actúa como imprescindíbel activo, lector e coeducador, na escola construtora da utopía do futuro.
Programa
Café para tres
9:30 - 11:30
Como explicar a historia da literatura galega desde o século XXI?
Sesión vermú
11:30 - 13:30
Ficcións narrativas para conquistar novos públicos
Sobremesa en acción
16:00 - 18:00
Obradoiros literarios con propostas de textos contemporáneos para as aulas
- Rosalía Fernández Rial (teatro / poesía)
- Antía Otero (poesía / videocreación)
- Francisco Castro (narrativa)
Hora da merenda
18:00 - 20:00
Que literatura galega nos piden os tempos?
Obxectivos
- Achegar ao profesorado experiencias novidosas para o seu traballo na aula.
- Ofrecer un mapa provisional da literatura galega contemporánea.
- Facilitar un foro de reflexión a respecto da perspectiva literaria máis recente.
- Incidir en prácticas que posibiliten a estimulación creativa escrita do alumnado.
En 2011 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) abría unha nova porta, a Xornada de Literatura e Ensino [http://www.aelg.gal/actividades/xornadas-de-literatura-e-ensino], dentro da casa común que abeira o seu Espazo Didáctico [http://www.aelg.gal/espazo-didactico], vinculada á necesaria reflexión sobre a relación comunicativa entre escola, literatura e pensamento/expresión creativa, que, desde perspectivas actuais, dinámicas e próximas á realidade vivencial do alumnado e mais do profesorado, reactualizase a pedagoxía da literatura de noso nas aulas.
Analizar o presente literario na escola, cada vez menos presente nos currículos escolares oficiais; adecuar a diversidade metodolóxica literaria aos novos tempos educativos; concienciarse da necesidade de estimular creativamente, na escrita, o alumnado; reflexionar sobre os criterios de selección e o estabelecemento de canons literarios orientativos para o ensino da literatura; partillar e debater directamente sobre orientacións e estratexias de achegamento literario para a infancia e a mocidade, da man dos escritores e escritoras da literatura galega contemporánea ou valorar a literatura galega, a través da súa historia, como unha ferramenta clave para a adquisición da necesaria competencia lingüística adaptada a cada nivel/etapa educativa, foron algúns dos obxectivos que guiaron os pasos transitados nas sucesivas edicións das xornadas programadas até hoxe:
I Xornada de Literatura e Ensino. A Literatura galega nas aulas: os camiños do entusiasmo
Novembro de 2011
Intervencións dispoñíbeis en vídeo aquí: http://www.aelg.gal/actividades/xornadas-de-literatura-e-ensino/2011/11/18/i-xornadas-de-literatura-e-ensino-a-literatura-galega-nas-aulas-os-caminos-do-entusiasmo/video
II Xornada de Literatura e Ensino. Escribir e ler na escola de hoxe para a cidadanía de mañá
Novembro de 2012
Intervencións dispoñíbeis en vídeo aquí: http://www.aelg.gal/actividades/xornadas-de-literatura-e-ensino/2012/11/9/ii-xornadas-de-literatura-e-ensino-escribir-e-ler-na-escola-de-hoxe-para-a-cidadania-de-mana/video
III Xornada de Literatura e Ensino. Versos pintados no pupitre
Decembro de 2013
IV Xornada de Literatura e Ensino. A Xeración Nós-outr@s
Outubro de 2014
Intervencións dispoñíbeis en vídeo aquí: http://www.aelg.gal/actividades/xornadas-de-literatura-e-ensino/2014/10/18/iv-xornadas-de-literatura-e-ensino-a-xeracion-nos-outrs/video