Programa
9.30 Recepción, entrega de material e inauguración
Esta foi a intervención do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
Manolo González
Interaccións entre a literatura galega e o cinema e algunhas aplicacións para a aula
Margarida Ledo Andión e Eva Veiga
As pasaxes entre o texto escrito, a imaxe e o imaxinario.
Atopar o "seu lugar no mundo" como proceso de apropiación do propio corpo, mesmo do corpo da fala: a viaxe, no mellor dos casos, de tantas mulleres forzosamente transterradas.
Antía Otero
Presentarase a experiencia de idear unha peza de videopoesía máis aló do seu soporte técnico. A intención é a de pararse a analizar a relación entre palabra e imaxe no proceso de creación sen perseguir un resultado físico. Un convite a editar contando.
Celia Parra
Unha fiestra para coñecermos as particularidades deste xénero entre o poético e o audiovisual. Exploraremos definicións, tipoloxía, creadoras e creadores referenciais, exemplos de videopoemas, videopoesía en Galicia e recursos na rede para aplicar nas aulas.
Martin Pawley
O Proxecto NIMBOS é unha serie de curtas realizadas por diversos cineastas ‑non só de Galiza- inspirados en poemas do libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro (1914-1990). A iniciativa foi impulsada dende o blog Acto de Primavera [actodeprimavera.blogspot.com.es] e na actualidade conta xa con perto de trinta pezas, varias das cales foron exhibidas en festivais internacionais de cinema.
Obxectivos
Achegar a vinculación histórica da literatura coa súa proxección a través da imaxe.
Afondar nas relacións interdisciplinares das diferentes artes.
Ofrecer pautas de metodoloxía didáctica interactiva a redor da experiencia poética.
Experimentar novos soportes técnicos vinculados á lectura.
Analizar a relación entre palabra e imaxe no proceso de creación.
Metodoloxía
Alternarase a intervención teórica das participantes coa proxección parcial de filmes e curtas vinculadas coa literatura galega.
Promoverase o coloquio e a participación activa a través dos coloquios e dos obradoiros vinculados á creación da videopoesía.