II Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG
O papel da literatura dramática no proxecto dun teatro nacional
2 de decembro de 2017
Quiosco Afonso (Xardíns de Méndez Núñez, s/n) | A Coruña
Programa
12.00 A Literatura Dramática galega na actualidade
Encontro-asemblea das dramaturgas e dramaturgos que forman parte da AELG, así como doutras persoas non pertencentes á AELG que estean interesadas neste ámbito artístico e literario.
18.00 O proxecto da Sala Beckett de Barcelona. Obradoiro internacional de dramaturxia e a importancia da autoría teatral nun país como Catalunya.
Clase maxistral a cargo de Toni Casares, director artístico da Sala Beckett de Barcelona.
Aberto a todas as persoas interesadas.
Coa coordinación de Afonso Becerra de Becerreá, Vogal de Literatura Dramática da AELG
Durante esta II Xornada foi presentada a nova Sección de Literatura Dramática da web da AELG, que ten como obxectivo facilitar aos equipos artísticos (profesionais ou afeccionados) unha ferramenta para que poidan atopar pezas de literatura dramática adecuadas ás posibilidades de representación de cada compañía de teatro, de modo que non só promove a creación de literatura dramática senón tamén levar do papel ás táboas ese traballo creativo. Os campos que facilitan esa busca son: modalidade escénica, xénero, duración, estilo e número de personaxes; van acompañados tamén de espazos, dramatis personae, personaxes masculinas e femininas, sinopse e, ademais, indícase se a peza foi ou non estreada e, en caso afirmativo, nome da compañía, dirección, teatro e data de estrea. Fíxose, co apoio da Deputación da Coruña, un primeiro lote de análise das obras dramáticas presentes no Centro de Documentación de Escritoras/es da AELG, o que permitiu que un 50% das mesmas xa teña os datos cubertos para facililitar a súa representación ou lectura dramatizada.