Do 19 de abril de 2016 ao 9 de maio de 2016
Cesáreo Sánchez Iglesias e Ledicia Costas, como presidente e vogal da AELG respectivamente, desenvolven un programa de traballo que inclúe dous encontros coa Sociedad de Escritores y Escritoras de la Argentina (SEA)

Alén de vistar o Parque de la Memoria-Monumento a las Víctimas del Terrorismo de Estado e o Centro Galego de Bos Aires, o presidente da AELG participou nunha mesa redonda titulada Diálogo de autores arxentinos e galegos, que compartirá con Graciela Aráoz e Edgardo Berón, presidenta e secretario xeral da Sociedad de Escritoras y Escritores de Argentina (SEA), o luns 25 de abril, ás 18.00: unha presentación das respectivas entidades e compartirán as inquedanzas das dúas entidades e as ferramentas de traballo e interconexión entre os profesionais das palabras. Dúas visións desde as dúas beiras do Atlántico.

Tamén na súa calidade de presidente sumouse á iniciativa da Fundación Manuel María "Manuel María na túa voz", lendo o día 23 de abril poemas do autor homenaxeado co Día das Letras Galegas no Festival Internacional de Poesía organizado pola FILBA ás 18.00.

Pola súa banda, Ledicia Costas, vogal da AELG, participou o domingo 24 ás 12.00 no encontro "Pontes literarias sobre o Atlántico".

 

O programa completo da delegación galega, aquí.