Inspiraciencia: un concurso de relatos de inspiración científica.
Unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dunha maneira lúdica e participativa. Pretende ser un espazo aberto a todo o mundo onde pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar o labor creativo e o espírito científico como unha forma de pensar realidades antes non imaxinadas.
FICCIÓN CIENTÍFICA
Modalidade única
Puideron presentarse relatos curtos dunha extensión máxima de 800 palabras.
Categorías
O concurso tivo dúas categorías: adulto/a (a partir de 18 anos) e moza/o (menores de 18 anos).
Os participantes debían rexistrarse, podendo enviar un relato curto en calquera lingua do concurso (catalán, castelán, galego e eúscaro). Cada participante puido presentar máis dun relato, e un máximo de catro relatos, sempre que estes estean escritos en linguas distintas.
Linguas
Os relatos podían estar escritos en catalán, castelán, galego ou eúscaro.
Consulta as BASES do concurso.
LITERATURA E CIENCIA
Inspiraciencia non é só os relatos. Tamén quixo ir máis aló do concurso propiamente dito e afondar nas relacións entre ciencia e literatura a través de ciclos de faladoiros, propostas para a aula, lecturas recomendadas, etc.
Faladoiros
Paralelamente ao concurso, organizouse un ciclo de faladoiros en distintas cidades. Nesta edición estivo dedicado á “Ciencia nos clásicos da literatura”.
A ciencia do teu clásico/a
Na sexta edición abriuse unha sección nova na que os/as participantes puideron compartir a lectura dunha obra clásica da literatura e destacar a ciencia que atoparon na obra. FÓRA DE CONCURSO.