A AELG colaborou canda o Concello de Pontevedra no acto do mércores, 19 de outubro, ás 20.00, na Casa da Luz (Praza da Verdura, Pontevedra). Representou a AELG neste acto a súa secretaria xeral, Mercedes Queixas. Mostra tanto do traballo poético das persoas participantes no obradoiro coma do labor de tradución ao galego desenvolvido durante o proxecto. Vexa aquí a galería de fotografías, cuxa reprodución é posíbel grazas a Alberto Pombo, quen conserva os dereitos de autoría.
A illa de San Simón, en Redondela, volveu ser o escenario do Obradoiro Internacional de Tradución Poética ‘Con barqueira e remador’, que celebrou a súa quinta edición coa participación de seis recoñecidos poetas e tradutores procedentes de diversos países. A galega Dores Tembrás, o croata Damir Šodan, a búlgara Tsvetanka Elenkova, o estoniano Igor Kotjuh, a galega e poeta en castelán Miriam Reyes e o ucraíno Ostap Slyvynsky fonon os protagonistas dunha edición que se desenvolveu do 17 ao 22 de outubro baixo a dirección da tamén poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño.
Co patrocinio da Consellería de Cultura e Educación e do Concello de Redondela, ademais do apoio da AELG entre outras entidades.
Para alén das sesións de tradución, o evento incluíu tres recitais abertos ao público que se desenvolveron na Casa da Luz de Pontevedra (19 de outubro, 20:00 horas), no Mercado Progreso de Vigo, (día 20, ás 19:00 horas) e no Multiúsos da Xunqueira, en Redondela (día 21, ás 20:00 horas).
Toda a información, aquí.