Concello de Lugo
10 de xuño de 2017
Vexa as fotos da homenaxe, na galería desta actividade (da autoría de Eduardo Castro Bal - A. C. Alexandre Bóveda - Ollo de vidro)
A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXIII edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de María Pilar García Negro, que foi homenaxeada en Lugo, terra na que naceu e se criou.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de orixe do/a homenaxeado/a cobra un protagonismo fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Mónica Alonso), a plantación dunha árbore simbólica (un magnolio elixido pola propia autora) e a colocación dun monólito conmemorativo.
PROGRAMA DE ACTOS
11.30 Praza de Ferrol
Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación do magnolio (árbore simbólica da escritora)
Intervencións:
- Carmen Basadre Vázquez, Concelleira de Cultura de Lugo
- Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG
- María Pilar García Negro
12.30 Salón de Plenos do Concello de Lugo (Praza Maior)
Acto de entrega da “Letra E”
Intervencións:
- Carmen Basadre Vázquez, Concelleira de Cultura de Lugo
- Mercedes Queixas Zas, Secretaria Xeral da AELG. Acta de concesión da Letra E a María Pilar García Negro
- Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG
- Carme Fernández Pérez-Sanjulián: Laudatio
Entrega da peza escultórica da artista Mónica Alonso
- Intervención da homenaxeada: Resposta á laudatio por parte de María Pilar García Negro
14.30 Xantar de confraternidade
Pode descargarse o programa completo aquí.
ANTERIORES MERECEDORES/AS DESTE GALARDÓN
I Edición: ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS
1995 • Boa, Taramancos
II Edición: BERNARDINO GRAÑA
1996 • Cangas do Morrazo
III Edición: MANUEL MARÍA
1997 • Outeiro de Rei
IV Edición: MARÍA XOSÉ QUEIZÁN
1998 • Vigo
V Edición: XOSÉ NEIRA VILAS
1999 • Gres, Vila de Cruces
VI Edición: UXÍO NOVONEYRA (póstumo)
2000 • Parada do Courel
VII Edición: LUZ POZO GARZA
2001 • Ribadeo
VIII Edición: XOSÉ CHAO REGO
2002 • Vilalba
IX Edición: XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO
2003 • Nogueira de Ramuín
X Edición: SALVADOR GARCÍA-BODAÑO
ZUNZUNEGUI
2004 • Teis, Vigo
XI Edición: PURA E DORA VÁZQUEZ
2005 • Ourense
XII Edición: MARÍA DO CARME KRUCKENBERG
2006 • Vigo
XIII Edición: MANUEL LOURENZO
2007 • O Valadouro
XIV Edición: XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR
2008 • Melide
XV Edición: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
2009 • Vilalba
XVI Edición: MARILAR ALEIXANDRE
2010 • Santiago de Compostela
XVII Edición: PACO MARTÍN
2011 • Lugo
XVIII Edición: XAVIER RODRÍGUEZ BAIXERAS
2012 • Ribadeo
XIX Edición: MARICA CAMPO
2013 • O Incio
XX Edición: XABIER P. DOCAMPO
2014 • Castro Ribeiras de Lea
XXI Edición: XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO
2015 • Vilaboa
XXII Edición: HELENA VILLAR JANEIRO
2016 • Rianxo