LETRA DAS FESTAS
San Froilán 2016
Círculo de las Artes, xoves, 6 de outubro, 18:00 horas
Entrada de balde
MAL@S E PEORES
Lembranza de sucesos criminais e de mentes facinorosas de Lugo e provincia
O medo tamén fai gozar!
Esta sexta edición de Letra das Festas (a revista oral do San Froilán) foi de MAL@S E PEORES, lembranza de sucesos criminais e de mentes facinorosas de Lugo e provincia.
Contamos coas intervencións de catro expertos na materia que nos lembraron algunhas proezas de bandas urbanas, como a do Moco Verde ou a do Alicate, e fixemos memoria de crimes horrendos, violencia moitas veces inexplicable.
Algunhas brutalidades xa esquecidas e outras aínda frescas na memoria da maioría de nós.
Contaron Xosé de Cora, Sabela Corbelle, Manuel López Castro (MALOCA) e Xosé Miranda.
A música estivo a cargo dun cego auténtico, Francisco do Romualdo, que nos cantou romances e historias arrepiantes e sucedidos incribles, acompañado da zanfona.
Coordinación e presentación
Antonio Reigosa / Isidro Novo (Sección de Literatura oral da AELG)
A seguir, o cantar de cego editado para a ocasión, que se pode descargar en pdf aquí.