Do 6 de maio de 2009 ao 9 de maio de 2009
Foto da actividade

A Asociación de Escritores en Lingua Galega honrou a escritora mexicana co premio "Escritora Galega Universal", que distingue escritores/as que combinan a excelencia literaria co compromiso ético que os converte en referentes para o seu pobo na defensa da dignidade nacional e humana. Aquí pode escoitar unha mostra da literatura da autora na súa voz.

Elena Poniatowska estivo entre nós e tivemos ocasión de gozar da súa presenza nos seguintes actos:

Mércores 6 de maio:
Entrega da Escultura como Escritora Galega Universal, precedida dunha laudatio do escritor galego Manuel Rivas e dunha conferencia de Doña Elena.
Salón Nobre do Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela ás 19.30h. 
 

Xoves 7 de maio,
Presentación do libro A filla do filósofo, tradución ao galego dunha serie de relatos da autora, na Feira do Libro de Santiago de Compostela, ás 20.00. Con lectura de textos por parte dalgúns dos/as tradutores/as (Rosa Aneiros, Eva Veiga, Xabier López, Anxos Sumai e Francisco Castro)
Coa presenza de:
Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia, que publica o libro.
Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Venres 8 de maio 20.00h:
Na Coruña: Conferencia de Doña Elena no II Encontro Cidade da Coruña, con título "La literatura que viene de la calle", na sede da Real Academia Galega. Pode ver o vídeo da súa intervención premendo aquí. E aquí o texto.


Sábado 9 de maio:
Cea das letras. Entrega da pluma estilográfica que a acredita como "Escritora Galega Universal". Para ver o vídeo prema aquí. E aquí as fotos.