Lemos cos ollos. As palabras sempre conteñen un significado visual, pero tamén poden ser un significante que comunica plasticamente. Acceder á poesía polos ollos. Escribir como o escultor que moldea unha forma ata que significa, ata que atrae a nosa ollada. Cicelar a poesía coas mans. Darlle a forma que nos permita compartir cos demais a súa materialidade, o seu xeito de ser corpo, de ser espazo habitable.
- A cargo de Baldo Ramos e cunha clase maxistral de Xosé María Álvarez Cáccamo
Partindo dunha reflexión inicial sobre aspectos históricos e estéticos da poesía visual, e dun resumo da experiencia do autor neste ámbito, elaboraranse dous proxectos literarios diferentes:
Un libro de artista ou libro obxecto, confeccionado cos materiais (poéticos e plásticos) que xurdan do obradoiro
Un libro colectivo, en formato de libro-acordeón, composto polas colaboracións das persoas participantes.
Calendario e inscrición
- Días: venres 16 e 23 de febreiro; sábado 3, venres 9, venres 16 e xoves 22 de marzo; venres 6 e venres 27 de abril; venres 4, venres 11, venres 18 e venres 25 de maio
- Horarios: de 18:00 a 20:00 en xoves e venres, e de 11:00 a 13:00 os sábados
- 25 prazas para persoas maiores de 16 anos
- Inscrición, necesaria e gratuíta, en inscricions@pontevedra.eu, indicando os seguintes datos:
- Nome e apelidos
- Correo electrónico
- Núm. do documento de identidade
- Enderezo completo
- Data nacemento
- Ocupación
O obradoiro desenvolverase no Pazo da Cultura (Rúa Alexandre Bóveda), no Seminario 8 - Aula da Escola de Escritoræs da AELG.