O obradoiro achegou as persoas participantes á literatura, tanto á escrita como á lectura, de maneira creativa e lúdica.
A literatura pode cambiar (un pouco) o noso mundo, porque nos permite relacionarnos co que nos rodea. Un obradoiro para espertar o amor pola escrita.
- Impartido por María Lado.
Calendario e inscrición
- Días: sábados 17 e 24 de novembro; e sábados 1 e 15 de decembro.
- Horarios: de 11:30 a 13:30 h.
O obradoiro desenvolveuse na Casa da Cultura do Milladoiro (Travesía do Porto -como chegar-).

O obradoiro enmarcouse na Escola de Escritoras e Escritores da AELG, iniciativa que centra os seus esforzos en impartir, por concellos de todo o país, obradoiros con formatos e destinatarios diversos, nos que se abordan diferentes xéneros literarios e contidos. Trátase dunha iniciativa que, cos autores/as como guías, ten o obxectivo de transmitir a experiencia apaixonante do acto creador, tentando concienciar á sociedade do imprescindíbel que é a estimulación creativa na escrita e o seu papel complementario na formación do individuo. O proxecto aposta por ofrecer á mocidade un sistema lingüístico, literario e cultural propio no que asentar as súas raíces.