Do 10 de novembro de 2018 ao 1 de decembro de 2018
Unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, co patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames
Foto da actividade
Obradoiro de versos para mentes creativas que desexan poñer en xogo a imaxinación e a intuición, usando unha multitude de ingredientes da nosa hora literaria.
Sempre coa mirada aberta e o oído delicado, poñendo o mundo ao revés.

 

Calendario e inscrición

- Días: sábados 10, 17 e 24 de novembro; e sábado 1 de decembro.
- Horarios: de 11:30 a 13:30 h.
 
 
O obradoiro desenvolveuse no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Avenida da Peregrina, 16 -como chegar-).
 
 

O obradoiro enmarcouse na Escola de Escritoras e Escritores da AELG, iniciativa que centra os seus esforzos en impartir, por concellos de todo o país, obradoiros con formatos e destinatarios diversos, nos que se abordan diferentes xéneros literarios e contidos. Trátase dunha iniciativa que, cos autores/as como guías, ten o obxectivo de transmitir a experiencia apaixonante do acto creador, tentando concienciar á sociedade do imprescindíbel que é a estimulación creativa na escrita e o seu papel complementario na formación do individuo. O proxecto aposta por ofrecer á mocidade un sistema lingüístico, literario e cultural propio no que asentar as súas raíces.