- A cargo de Afonso Becerra
- Vexa aquí os vídeos que recollen os catro proxectos creativos que se escenificaron na última das sesións.
- Vexa aquí máis información sobre a Mostra final aberta ao público das pezas elaboradas durante o obradoiro.
Proposta
Obradoiro de exploración e creación teatral a partir de algunhas das condicións xerais de composición nas dramaturxias posdramáticas.
Experimentación e análise de dramaturxias colaborativas de proceso. A creación en equipo.
Pesquisa práctica e reflexión sobre a palabra como material no ámbito da danza e o teatro contemporáneos posdramáticos.
Participantes
Obradoiro dirixido a actrices, actores, bailarinas, bailaríns, dramaturgas/os, directoras/es de escena e persoas afeccionadas ás artes escénicas.
Ao tratarse dun obradoiro de dramaturxia colaborativa, cumpriu un número de participantes múltiplo de 3, para poder facer equipos artísticos polo menos de 3 persoas. Máximo 15 persoas para poder aproveitar o tempo e facer un seguimento óptimo de cada proxecto.
Tamén foi necesario contar co compromiso explícito de asistencia das/os participantes ás sesións de traballo e á mostra final, xa que, ao tratarse de creacións colectivas, resulta imprescindible a implicación íntegra para o bo funcionamento de cada grupo.
As persoas participantes deberon traer roupa cómoda para poder moverse.
- Máximo de 15 prazas para persoas maiores de 16 anos.