Fernando Cabeza Quiles, poligrafo que destacou pola súa obra sobre a toponimia galega a través de nove libros publicados, cultivou outros xéneros, como o ensaio e a narrativa, así como centos de artigos nos que desenvolveu tamén temática etnográfica, histórica e social.
A súa traxectoria queda como un exemplo de profundidade intelectual e literaria, así como de permanente difusión da nosa cultura, historia e literatura.