Manuel Vidal Villaverde, poeta e xornalista, faleceu o 19 de outubro en Vigo. O enterro tivo lugar ás 17:00 horas do 21 de outubro no Cemiterio Municipal de Pereiró, na mesma cidade.
Tiña participado en numerosos actos da AELG, nomeadamente nos Encontros Galeusca, dos que deu conta como profesional do xornalismo.
Na web da AELG pode consultarse información sobre a súa obra, así como acceder á súa Fototeca e Videoteca. Como parte do seu traballo crítico e xornalístico, están tamén dispoñíbeis varios artigos e entrevistas publicados na súa ampla traxectoria.
Destacamos especialmente estes vídeos onde falaba sobre as razóns que o levaron á escrita e sobre os referentes e lecturas que alimentan a súa obra: