Esta é a proposta de divulgación nas librarías galegas das obras gañadoras da Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2022.
Desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG) animamos a que toda a sociedade galega coñeza e goce mellor dun dos seus patrimonios culturais vivos máis importantes, a nosa literatura e as súas escritoras e escritores.