A AELG lamenta fondamente o pasamento de Domingo Villar
18/5/2022
Foto da novidade

A AELG lamenta fondamente o pasamento do escritor Domingo Villar, sumándonos á dor da súa familia, así como á de todas as lectoras e lectores da nosa literatura, á que achegou o seu talento narrativo para ampliar os territorios creativos e axudar á súa proxección internacional.

Pode consultarse a continuación a dolorosa noticia recollida por Nós Diario e pola Editorial Galaxia.

(Nota: a foto do autor provén da Wikipedia Galega).