Seis títulos por categoría forman as candidaturas dos galardóns que este ano ampliaron o sistema de selección e que se darán a coñecer en maio.
Os premios Follas Novas do Libro Galego veñen de completar a primeira fase de selección da edición deste 2022, a resultas da cal son candidatos aos premios seis títulos por categoría. Nesta edición dos premios Follas Novas ampliouse o proceso de elección dos premios cunha nova fase antes da designación de finalistas. Os premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia.
En total, máis de setenta títulos son candidatos aos premios Follas Novas nas doce categorías trala primeira fase de selección realizada polo xurado destes galardóns. O propio xurado escollerá na seguinte fase escollerá tres finalistas e, na última, os títulos gañadores en cada unha das categorías. Os resultados destes premios daranse a coñecer na Gala que terá lugar no Teatro Principal de Santiago o vindeiro 7 de maio.
Coas novidades introducidas para esta edición, as tres organizacións convocantes dos galardóns fixeron unha proposta inicial que superou o centenar e medio de títulos, ampliando o número de obras participantes sobre edicións anteriores. Sobre esa proposta, o xurado fixo a selección para escoller os seis títulos candidatos en cada categoría, ademais das categorías de Iniciativa de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural.
Os Premios Follas Novas do Libro Galego contan co apoio de CEDRO, da Xunta de Galicia, do Concello de Santiago de Compostela e da Deputación Provincial da Coruña.
CANDIDATAS A FINALISTAS
PREMIOS A OBRAS EDITADAS EN 2021
Ensaio e investigación
- A xustiza pola man. Violencia e conflitividade na Galicia contemporánea, de Francisco J. Leira e Miguel Cabo (coord.) (Edicións Xerais de Galicia)
- Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia)
- Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán, de María Pilar García Negro (Alvarellos Editora)
- História da Dança Contemporânea na Galiza, de Afonso Becerra de Becerreá (Através Editora)
- O idioma galego baixo o franquismo. Da resistencia á normalización, de Henrique Monteagudo (Editorial Galaxia).
- Um país a la gallega. Galiza no No-Do franquista, de Beatriz Busto Miramontes (Através Editora)
Divulgación
- Desmontando o corpo, construíndo a ciencia. As xemelgas Fernández de la Vega, de Andrea Barreira (Baía Edicións)
- H2... Oh!!! Pingas científicas, de María Canosa (Editorial Galaxia)
- O escudo do reino da Galiza. Unha (re)visión (inter)nacional, de Héitor Picallo (Sermos Galiza)
- Pandemias. As epidemias que asolaron a humanidade, de Juan J. Gestal Otero (Edicións Bolanda)
- Reboiras. O camiño da rebeldía, de Xurxo Martínez Crespo e Xosé Manuel Pereiro (Aira Editorial)
- Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés, de Narciso de Gabriel (Editorial Galaxia)
Narrativa
- A vida secreta de Úrsula Bas, de Arantza Portabales (Editorial Galaxia)
- As malas mulleres, de Marilar Aleixandre (Editorial Galaxia)
- Coidadora, de María Marco (Edicións Xerais de Galicia)
- Deixádenos remar, de Ana Cabaleiro (Edicións Xerais de Galicia)
- Golpes de luz, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)
- O cervo e a sombra, de Diego Ameixeiras (Edicións Xerais de Galicia)
Infantil
- A caca Cuca, de Irene Alonso Gasalla (Editorial Galaxia)
- A mestra corremundos, de Arancha Nogueira (ilustrado por Ana Varela) (Cuarto de inverno)
- Don Carlos e o misterio dos lucecús, de Patricia Torrado Queiruga (ilustrado por Xan López Domínguez) (Baía Edicións)
- Douche a miña palabra, de Fran Alonso (ilustrado por Bea Gregores) (Edicións Xerais de Galicia)
- Neko, de Eva Mejuto (ilustrado por Bea Gregores) (Oqueleo)
- O Día dos Vivos. Os Minimortos, de Ledicia Costas (ilustrado por Mar Villar) (Edicións Xerais de Galicia)
Xuvenil
- A nena lectora, de Manuel Rivas (ilustrado por Susana Suniaga) (Edicións Xerais de Galicia)
- Contos de obxectos, de Xabier P. DoCampo (ilustrado por DNL) (Edicións Xerais de Galicia)
- Maxia de pedra, de Xabier Domínguez Pérez e Alba de Evan (ilustrado por Eli García) (Edicións Xerais de Galicia)
- O segredo de Al'eume, de Pilar Ortega (Cuarto de inverno)
- santoamaro, de Antonio Manuel Fraga (Edicións Xerais de Galicia)
- Todos fomos, de Marcos Calveiro (Edicións Xerais de Galicia)
Libro ilustrado
- A Coruña, ilustrado e escrito por David Pintor (Kalandraka Editora)
- A miña árbore secreta, ilustrado e escrito por David Pintor (La Guarida Ediciones)
- Animalfabeto, ilustrado por Nuria Díaz, escrito por Eva Mejuto (Triqueta Verde Editora)
- Guía definitiva dos anfibios e réptiles da Galiza, ilustrado e escrito por Pancho Lapeña e Ignacio Munilla Soriano (Ourensana)
- Nación Mar, ilustrado e escrito por Xosé Iglesias (Editorial Bululú)
- XelArias, palabra á intemperie, de Emma Pedreira e Laura Romero (Baía Edicións)
Banda deseñada, gráfico e humor
- A Silveira, de Kiko da Silva (Retranca Editora)
- Aldara. A lenda do cervo branco, de Inés Vázquez (Demo Editorial)
- Nós seis, de Julia Lago (Deputación da Coruña)
- O destino de Kameko, de Abel Alves e Jorge Campos (Aira Editorial)
- O pexego mecánico, de Víctor Tizón (Demo Editorial)
- Que tempos!, de Xaquín Marín (Edicións Embora)
Iniciativa bibliográfica
- Castelao. Construtor da nación (3 volumes), de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia)
- Colección Chave Mestra, VV. AA. (aCentral Folque)
- Colección Cidades, de David Pintor (Kalandraka Editora)
- Colección Memoria Histórica (Editorial Galaxia)
- Colección Os Minimortos, Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)
- Sección As libreiras, VV. AA. (Revista Luzes)
Obra traducida
- A poesía como arte insurxente, de Lawrence Ferlinghetti. Tradución de Daniel Salgado (Rodolfo e Priscila)
- Canto eu e a montaña baila, de Irene Solá. Tradución de María Alonso Seisdedos (Kalandraka Editora)
- Ión. Ciclope, de Eurípides. Tradución de Iria Pedreira Sanjurjo (Rinoceronte Editora)
- O deus das pequenas cousas, de Arundhati Roy. Tradución de Antía Veres Xesto (Kalandraka Editora)
- O infinito nun xunco, de Irene Vallejo. Tradución de María López Suárez (Edicións Xerais de Galicia)
- O quinto en cuestión, de Robertson Davies. Tradución de Alejandro Tobar (Kalandraka Editora)
Poesía
- Arder, de Marga Tojo (Edicións Positivas)
- As puntas da louza. Cancioneiro popular de labor, de Lorena Conde (Aira Editorial)
- Lixeiro, de Ismael Ramos (Edicións Xerais de Galicia)
- Notas sobre a extinción, de Marta Dacosta Alonso (Editorial Galaxia)
- O que fica fóra, de Manuel Rivas (Apiario)
- Simún, de Nuria Vilán (Chan da Pólvora Editora)
Teatro
- As desterradas, de Carme Varela (Edicións Xerais de Galicia / Xunta de Galicia)
- DFW nas profundidades da tristeza infinita / As cancións que lles cantaban aos cativos, de Raúl Dans (Edicións Laiovento)
- Ese silencio, de Avelina Pérez (Edicións Positivas)
- Fillos do sol, de Cándido Pazó (Editorial Galaxia)
- Identidade, de Nee Barros Fernández (Editorial Galaxia)
- República Sideral, de Esther F. Carrodeguas (Baía Edicións)
Libro mellor editado
- A Coruña, de David Pintor (Kalandraka Editora)
- A mestra corremundos, de Arancha Nogueira (Ana Varela, ilustracións) (Cuarto de inverno)
- Duración da penumbra (edición especial Espiral Maior), de Miguel Anxo Fernán-Vello (Edicións Espiral Maior)
- Intempériome (libro, CD, caderno, caixa), de Xela Arias (Edicións Xerais de Galicia)
- O que fica fóra, de Manuel Rivas (Apiario)
- Pequeno álbum de Nova York en inverno, de Berta Dávila e Carlos Meixide (Rodolfo e Priscila)
PREMIOS A TRAXECTORIAS
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
- Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla
- Casa-Museo Manuel María
- Letras Galegas Xela Arias
- Poemagosto. Festival Internacional Poesía de Allariz
- Poetas Di(n)versos, por Yolanda Castaño
- Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados
Proxecto literario na rede
- A que cheira, papá?
- Balea.gal
- Dicionario castelán-galego, de Rinoceronte Editora
- O Arquivo das Trasnas (Instagram), VV. AA.
- Surfeando libros (Instagram), de Irene Pérez
- Versos e aloumiños, Antonio García Teijeiro
Xornalismo cultural
- Belén Regueira
- Pilar García Rego
- Selina Otero
- Sermos Galiza (suplemento cultural)
- Susana Pedreira
- Xesús Fraga