Os Premios Follas Novas do Libro Galego anuncian os seus 45 finalistas
22/4/2022
Organizan Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia
Foto da novidade

Os premios Follas Novas do Libro Galego, que valoran a produción literaria e editorial en Galicia durante o ano 2021, escolleron os finalistas para esta edición, que suman corenta e cinco candidaturas entre títulos, iniciativas, proxectos e profesionais. As gañadoras dos premios Follas Novas 2022 daranse a coñecer na gala a celebrar o vindeiro 7 de maio no Teatro Principal de Compostela, unha celebración que, despois de dous anos, recupera o seu carácter presencial, pero continuará sendo emitida dixitalmente. Os premios están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Contan co apoio da Deputación da Coruña, Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e Xunta de Galicia.

 

Os corenta e cinco finalistas desta edición dos premios Follas Novas son o resultado dun proceso que se ampliou neste ano a catro fases, e que supón unha valoración completa de toda a produción editorial galega. O proceso consistiu nunha primeira escolla con propostas das tres entidades organizadoras, que supuxo a selección de máis dun centenar de títulos entre os públicados ao longo de 2021. Dese conxunto de obras, o xurado desta edición fixo unha primeira escolma da que resultaron un total de noventa obras candidatas aos premios. A terceira fase de selección é a actual, na que o xurado seleccionou as obras finalistas por cada categoría. O proceso terá o seu cumio o vindeiro sábado, 7 de maio, co anuncio das obras, iniciativas e profesionais gañadoras. Nese día celebrarase no Teatro Principal de Santiago de Compostela a gala de entrega de premios que, despois de dous anos, recuperará o seu carácter presencial, aínda que manterá a súa emisión dixital, como se fixo nas edicións anteriores.

 

FINALISTAS DOS PREMIOS FOLLAS NOVAS 2021

 

PREMIOS A OBRAS EDITADAS EN 2021

 

Ensaio e investigación
- Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia)
- Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán, de María Pilar García Negro (Alvarellos Editora)
- Um país a la gallega. Galiza no No-Do franquista, de Beatriz Busto Miramontes (Através Editora)

Divulgación
- H2... Oh!!! Pingas científicas, de María Canosa (Editorial Galaxia)
- Pandemias. As epidemias que asolaron a humanidade, de Juan J. Gestal Otero (Edicións Bolanda)
- Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés, de Narciso de Gabriel (Editorial Galaxia)

Narrativa
- As malas mulleres, de Marilar Aleixandre (Editorial Galaxia)
- Golpes de luz, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)
- O cervo e a sombra, de Diego Ameixeiras (Edicións Xerais de Galicia)

Infantil
- A mestra corremundos, de Arancha Nogueira (ilustrado por Ana Varela) (Cuarto de inverno)
- Douche a miña palabra, de Fran Alonso (ilustrado por Bea Gregores) (Edicións Xerais de Galicia)
- Neko, de Eva Mejuto (ilustrado por Bea Gregores) (Oqueleo)

Xuvenil
- A nena lectora, de Manuel Rivas (ilustrado por Susana Suniaga) (Edicións Xerais de Galicia)
- Contos de obxectos, de Xabier P. DoCampo (ilustrado por DNL) (Edicións Xerais de Galicia)
- santoamaro, de Antonio Manuel Fraga (Edicións Xerais de Galicia)

Libro ilustrado
- A Coruña, por David Pintor (Kalandraka Editora)
- Guía definitiva dos anfibios e réptiles da Galiza, por Pancho Lapeña e Ignacio Munilla Soriano (Sorianourensana de Libros)
- Nación Mar, por Xosé Iglesias (Editorial Bululú)

Banda deseñada, gráfico e humor
- Aldara. A lenda do cervo branco, de Inés Vázquez (Demo Editorial)
- Nós seis, de Julia Lago (Deputación da Coruña)
- Que tempos!, de Xaquín Marín (Edicións Embora)

Iniciativa bibliográfica
- Colección Chave Mestra, VV. AA. (aCentral Folque)
- Colección Cidades, de David Pintor (Kalandraka Editora)
- Colección Memoria Histórica (Editorial Galaxia)

Obra traducida
- Canto eu e a montaña baila, de Irene Solà. Tradución de María Alonso Seisdedos (Kalandraka Editora)
- O infinito nun xunco, de Irene Vallejo. Tradución de María López Suárez (Edicións Xerais de Galicia)
- O quinto en cuestión, de Robertson Davies. Tradución de Alejandro Tobar (Kalandraka Editora)

Poesía
- Notas sobre a extinción, de Marta Dacosta Alonso (Editorial Galaxia)
- O que fica fóra, de Manuel Rivas (Apiario)
- Simún, de Nuria Vilán (Chan da Pólvora Editora)

Teatro
- As desterradas, de Carme Varela (Edicións Xerais de Galicia / Xunta de Galicia)
- DFW nas profundidades da tristeza infinita / As cancións que lles cantaban aos cativos, de Raúl Dans (Edicións Laiovento)
- Fillos do sol, de Cándido Pazó (Editorial Galaxia)

Libro mellor editado
- A Coruña, de David Pintor (Kalandraka Editora)
- Intempériome (libro, CD, caderno, caixa), de Xela Arias (Edicións Xerais de Galicia)
- O que fica fóra, de Manuel Rivas (Apiario)

 

PREMIOS A TRAXECTORIAS

 

Iniciativa cultural ou fomento da lectura
- Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla
- Poetas Di(n)versos, por Yolanda Castaño
- Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

Proxecto literario na rede
A que cheira, papá?
O Arquivo das Trasnas (Instagram), VV. AA.
- Surfeando libros (Instagram), de Irene Pérezc

Xornalismo cultural
- Belén Regueira
- Pilar García Rego
- Susana Pedreira