Finalistas da Gala do Libro Galego 2020
4/3/2020
Organizan a Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Foto da novidade

A Asociación Galega de Editoras (AGE), Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), e a Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocan a quinta edición dos Premios Gala do Libro Galego, a celebrar o sábado 9 de maio de 2020 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, onde se darán a coñecer as obras gañadoras.

Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2019 en Galicia. As modalidades Iniciativa cultural ou de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural, recoñecen a traxectoria de varios anos, valorándose, polo tanto, a constancia ao longo do tempo nestes ámbitos.

Estas distincións, sen dotación económica, xorden, en primeira instancia, das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso de revisión e posterior fallo por parte dun xurado externo.

A Gala do Libro Galego conta co apoio de CEDRO, da Xunta de Galicia, do Concello de Santiago de Compostela e da Deputación Provincial da Coruña.

 

FINALISTAS

 

PREMIOS A OBRAS EDITADAS EN 2019

 

Ensaio e investigación

- Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia/Consorcio de Santiago)
- Dentro da literatura, de Suso de Toro (Edicións Xerais de Galicia)
- Educar a través da arte. Cara a unha escola imaxinada, de Vicente Blanco, Salvador Cidrás e Rocío Modia (Kalandraka Editora)

 

Divulgación

- A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro, de Juan Casto Rivadulla Fernández (Editorial Galaxia)
- Ferreñas e Rock and Roll, de Laura Romero e Iria Pedreira (Baía Edicións)
- Guadi Galego, pola beira da canción, de Pepe Cunha (Edicións Embora)

 

Narrativa

- Carrusel, de Berta Dávila (Editorial Galaxia)
- Infamia, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)
- Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco (Edicións Xerais de Galicia)
- Seique (2ª ed. ampliada), de Susana Sanches Arins (Através Editora)

 

Infantil

- A tartaruga Amodovou, de Paula Carballeira (Oqueleo)
- Bicos e non balas, de Antonio García Teijeiro (Editorial Galaxia)
- Conexión Macarrón, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)
- Versos e viceversos, de Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos (Kalandraka Editora)

 

Xuvenil

- Be Water, de Antía Yáñez (Cuarto de Inverno)
- Irmá paxaro, de Tamara Andrés (Cuarto de Inverno)
- Matilde e o comisario. O asasinato da profesora de xeografía, de Pere Tobaruela (Edicións Embora)
- Os corpos invisibles, de Emma Pedreira (Edicións Xerais de Galicia)

 

Libro ilustrado

- Irmá paxaro, de Tamara Andrés, ilustracións de María Montes (Cuarto de Inverno)
- Os camiños do vento, de Xavier Estévez, ilustracións de Xosé Cobas (Edicións Xerais de Galicia)
- Teño dereitos, de Miguel Robledo (Aira Editorial)

 

Libro de banda deseñada

- A chaira, de Antonio Seijas (Alita Cómics Editorial)
- Aprende banda deseñada con Fiz, de Kiko da Silva (Edicións Xerais de Galicia)
- O bichero IX. Run is life, de Luis Davila (Editorial Luis Davila)

 

Iniciativa bibliográfica

- Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia/Consorcio de Santiago)
- Colección Pan de abella, VV. AA. (Apiario)
- Serie Animais Extraordinarios, de Xulio GutiérrezNicolás Fernández (Faktoría K de libros)

 

Tradución

- Frankenstein ou o Prometeo moderno, de Mary Shelley/Tradución de Samuel Solleiro (Aira Editora)
- O conto da criada, de Margaret Atwood/Tradución de Celia Recarey e Carlos Valdés (Irmás Cartoné)
- O tatuador de Auschwitz, de Heather Morris/Tradución de María Alonso Seisdedos (Edicións Xerais de Galicia)
- Pippi Mediaslongas nos mares do sur, de Astrid Lindgren/Tradución de David A. Álvarez (Kalandraka Editora)

 

Poesía

- Feliz Idade, de Olga Novo (Kalandraka Editora)
- Irmá paxaro, de Tamara Andrés (Cuarto de Inverno)
- Un libre favor, de Chus Pato (Editorial Galaxia)

 

Teatro

- Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala (Editorial Galaxia)
- Citizen, do Grupo Chévere (Kalandraka Editora)
- Somos os monstros, de Paula Carballeira (Edicións Xerais de Galicia)

 

Libro mellor editado

- Atlas da Galicia pequeniña, de César Cequeliños e Jorge Campos (Aira Editorial)
- Fosforescencias, de Lupe Gómez/Ilustracións de Anxo Pastor (Alvarellos Editora)
- Irmá paxaro, de Tamara Andrés (Cuarto de Inverno)

 

PREMIOS A TRAXECTORIAS

 

Iniciativa cultural ou fomento da lectura

- 21 Días co Galego
- Club de Lectura AA.VV. das Atochas-Monte Alto
- Libraría Chan da Pólvora
- Poemagosto de Allariz

 

Proxecto literario na rede

- Biosbardia. O país dos libros en galego - César Lorenzo Gil
- Kalandraka TV
- Lecturafilia - Tensi Gesteira

 

Xornalismo cultural

- Anxo Quintela
- César Lorenzo Gil
- Daniel Salgado
- María Yáñez