No marco da IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción, que terá lugar o 23 de novembro no Espazo Normal (Paseo de Ronda, 47 -como chegar-) | A Coruña, con entrada libre, actividade organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña, terá lugar, entre 16:30 e as 20:30 o Festival Pezas dun teatro do porvir,Galiza + Portugal. Procesos abertos de escrita dramática.
Esta actividade é froito da convocatoria aberta a 6 proxectos de escrita dramática ou dramaturxia, individuais ou colectivos, de dramaturgas/os que estean a escribir algunha peza nova ou que teñan unha peza recente e queiran abrila ao público, achegando un fragmento ou mostra desta. Entre os 6 proxectos, seleccionouse tamén un proxecto portugués, para comezar a facilitar un intercambio e un diálogo entre as inquedanzas da creación actual galega e portuguesa.
O funcionamento deste festival consta dunha exposición ou mostra dun fragmento da peza ou da peza enteira, no caso de ser breve. Xusto despois, haberá un tempo complementario para un breve debate ou conversa ao seu respecto.
As presentacións faranse no formato que cada dramaturga/o ou equipo de dramaturxia considere máis axeitado á peza ou fragmento da peza que vai amosar.
No breve debate posterior ás presentacións búscase coñecer a reacción do público, nun diálogo que, quizais, poida servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o ou equipa de dramaturxia, o acabado desas pezas en proceso.
Estes son os proxectos seleccionados: