Finalistas dos Premios AELG 2015 - Gala das Letras
3/4/2015

Co apoio da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Concello de Lugo e a colaboración do Círculo de las Artes
Foto da actividade

Coa Gala das Letras a AELG continúa perseguindo o obxectivo de seguir presentes, visibles, convocando a cidadanía nunha cita anual ao redor da nosa literatura última.

 

·       Os premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegan á décimo sexta edición

·       As obras finalistas, publicadas en 2014, foron escollidas polos 435 socios e socias da AELG, que nunha segunda fase tamén decidirán as gañadoras, que se darán a coñecer na Gala das Letras, que terá lugar o 9 de maio no Círculo de las Artes do Concello de Lugo

 

Os socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2014 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados/as da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) e os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia respectivamente.

As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala das Letras, que terá lugar ás 20.00 do sábado 9 de maio no Círculo de las Artes do Concello de Lugo. A entrada é libre até completar aforo.

 

Así pois, da conxunción de votos emitidos na primeira quenda resultaron finalistas:

 

Blog literario

§         Caderno da crítica, de Ramón Nicolás  [https://cadernodacritica.wordpress.com/]

§         Criticalia, de Armando Requeixo [http://armandorequeixo.blogaliza.org/]

§         Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García Fernández [http://garciateijeiro.blogspot.com.es/]

 

Ensaio

§         Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza, de Aurora López e Andrés Pociña (Alvarellos Editora)

§         Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego, de Helena Miguélez-Carballeira (Através Editora)

§         Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso, de Xosé Manuel Maceira Fernández (Alvarellos Editora)

 

Literatura Infanto-Xuvenil

§         Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)

§         Penúltimas tendencias, de Carlos Negro (Edicións Xerais de Galicia)

§         Tes ata as 10, de Francisco Castro (Editorial Galaxia)

 

Xornalismo Cultural

§         Alberto Ramos

§         Blanca-Ana Roig Rechou

§         Carme Vidal

§         Montse Dopico

 

Narrativa

§         55, de Xavier Queipo (Edicións Xerais de Galicia)

§         A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz (Edicións Xerais de Galicia)

§         Dende o conflito, de María Reimóndez (Edicións Xerais de Galicia)

§         Máscaras rotas para Sebastian Nell, de Alberto Ramos (Editorial Galaxia)

§         Olympia Ring, 1934, de Xabier López López (Editorial Galaxia)

§         Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga (Edicións Xerais de Galicia)

 

Poesía

§         A distancia do tambor, de Eva Veiga (Espiral Maior)

§         As voces da máscara, de Arcadio López-Casanova (Pen Clube de Galicia)

§         Celebración, de Gonzalo Hermo (Apiario)

§         dun lago escuro, de Marta Dacosta (Edicións Xerais de Galicia)

§         Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias (A. C. Caldeirón)

 

Teatro

§         Aos Reis Magos non lles gustan os caramelos de menta, de Isabel Freire (Editorial Galaxia)

§         Lapsus. A comedia de existir, de Alfonso Pexegueiro (Axóuxere Editora)

§         Obras completas. Volume IV, de Roberto Vidal Bolaño (Edicións Positivas)

 

 

Tradución

§         A Divina Comedia, de Dante Alighieri, en tradución de Darío Xohán Cabana (Edicións da Curuxa)

§         Jude o escuro, de Thomas Hardy, en tradución de María Fe González (Editorial Hugin e Munin)

§         Tempo de exilio, de Joseba Sarrionandia, en tradución de Isaac Xubín (Faktoría K de Libros)

§         Un matrimonio provinciano, da Marquesa Colombi, en tradución de Isabel Soto (Editorial Hugin e Munin)

 

Na segunda fase, xa en andamento, os asociados e asociadas decidirán as obras gañadoras. Hai fotos dispoñíbeis daqueles finalistas que son socios/as da AELG na fototeca da web da Asociación: http://www.aelg.org/Centrodoc/GetPhotoLibrary.do

 

 

Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:

 

Premio AELG 2015 "Institucións Culturais"

  • Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
  • Asociación de Medios en Galego

 

Premio "Mestras-es da Memoria" 2015

A segunda edición do premio Mestres e Mestras da Memoria, que se concede nesta ocasión a Josefa Arias e Emilio do Pando, por toda unha  vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional

 

 


Escritor Galego Universal
 2015

O escritor Luiz Ruffato será o Escritor Galego Universal, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana. Con este nomeamento Ruffato súmase á listaxe conformada por Mahmoud Darwish, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge e Bernardo Atxaga.

Vexa aquí a axenda de Ruffato na Galiza.

 

No transcurso da gala a AELG tamén entregará a distinción “Bos e Xenerosos” ás/aos xornalistas Margarita Ledo Andión, Manuel Lombao, Tareixa Navaza e Xosé María García Palmeiro.