A AELG lamenta a perda do seu Socio Ramón Lugrís
4/12/2015

Ramón Lugrís Pérez nacera en Ferrol en 1932. Xornalista e ensaísta, colaborador nos seus anos mozos de xornais como La Noche, é autor, entre outros ensaios, de Vicente Risco na cultura galega (Galaxia, 1963). Traballou en Londres como redactor da sección española da BBC e posteriormente en Nova York para a ONU. Colaborou en Grial e co IGADI.