Aberto o prazo de matrícula para a IV Xornada de Literatura e Ensino: "A Xeración Nós-outr@s"
26/9/2014
Co apoio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia

Está aberto o prazo de inscrición na IV Xornada de Literatura e Ensino, que terá lugar en Santiago de Compostela o sábado 18 de outubro organizada pola AELG en colaboración coa AS-PG, e que este ano ten como lema "A Xeración Nós-outr@s".

A entrada é libre, pero se che interesa recibir o certificado homologado pola Consellaría de Cultura e Educación, é preciso inscribirse, gratuitamente e até o 16 de outubro, na seguinte web:

http://www.as-pg.com/Xestion/Curso/EncontrarCursos.do?identifierType=CURSO_ID&identifier=370

 

Toda a información sobre a Xornada en:

http://www.aelg.org/GetActivityById.do?id=329