Escola de Escritoræs: Aberto o prazo de inscrición no obradoiro de creación literaria a cargo de Mario Regueira
4/7/2014
O prazo de inscrición ábrese o 11 de xullo e remata o 6 de agosto
Foto da novidade

 Novo obradoiro de creación literaria en Compostela, impartido por Mario Regueira

 

A Escola de Escritores/as da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)  bota a andar un novo obradoiro de creación literaria na Biblioteca Pública de Santiago de Compostela “Ánxel Casal”.
O curso, baixo o título A escaleira de incendios do verso, ofrece 20 prazas gratuítas destinadas a persoas maiores de 16 anos.