A AELG quere facer pública a súa dor pola perda da compañeira Begoña Caamaño, referente renovador da escrita narrativa actual, construtora dun discurso propio que colocou a voz silenciada das mulleres na historia no protagonismo principal das palabras e posuidora dunha alta calidade humana que nos trasladou a todas as persoas que puidemos coñecela persoalmente ou a través da lectura da súa obra. Foi capaz de transgredir modelos e tópicos convencionais para poñer as condicións que permiten avanzar o sistema literario -no que se instalou e ao que contribuíu desde a alta calidade creativa- e, consecuentemente, a sociedade da que fixo parte.
O martes 28 de outubro, ás 15.00, tivo lugar un acto de despedida no tanatorio compostelán de Boisaca.