#AmuletosReliquias
17/10/2014

Lanzamos no Twitter o cancelo #AmuletosReliquias para a Mostra de amuletos e reliquias ao vivo: usos e crenzas explicados por propietarios-as e usuarios-as: se usas, es propietario-a ou alguén che pode prestar amuletos (figas, sanandresiños, castañas, pedras, mouchos, ollomao, alicorne…) ou reliquias (relicarios, escapularios, rosarios…) (ou alguén da túa familia ou achegados-as), escribe #AmuletosReliquias e mándanos foto indicando nome, procedencia e poder do amuleto ou reliquia. Proxectarémolo no desenvolvemento da Xornada para que o vexan todas as persoas asistentes mentres falamos da súa pequena historia. Rexistraremos a imaxe do obxecto e o que falemos sobre el para que quede reflexada esa información no libro de actas da xornada.