Xa dispoñíbeis os audios das conferencias do VI Encontro Cidade da Coruña
28/5/2013

 

  1. Conferencia inaugural

Rosalía de Castro: a orixinalidade do seu cantar

Pilar García Negro

 

  

  1. Elas, as invisíbeis. Silencios e voces das represaliadas

Aurora Marco

"Elas, as invisíbeis. Silencios e voces das represaliadas", é unha viaxe sobre o exilio das mulleres galegas, silenciadas pola historia tradicional. Tras unhas consideracións xerais sobre as palabras das mulleres e sobre a escrita autobiográfica feminina, analizáronse e comentáronse dous textos que recuperan as voces da memoria democrática: Éxodo (1940), de Silvia Mistral, eMemorias dunha republicana (2012), de Teresa Alvajar López. Para finalizar, proxectouse un capítulo do documental As silenciadas, de Pablo Ces, Premio Mestre Mateo 2012.

Nas seguintes ligazóns pode escoitar:

 

  1.  As voces ausentes. Literatura restitutoria

Antón Riveiro Coello

Unha reflexión sobre como coa imaxinación e a través da vida de seres esquecidos podemos construír unha ficción cos lugares calados e invisibles da Historia, e como con eles podemos incidir na sociedade actual e transformala.

Literatura de restitución de voces ausentes como poden ser as das mulleres, a través das que se intenta canalizar a memoria e a percepción do conflito. Literatura tamén de recoñecemento ás vítimas, para lles dar unha homenaxe, sen entrar en ningún tipo de división ideolóxica.

Escribir sobre (e dende) a Guerra Civil non é unha moda dos fillos ou netos da mesma senón un acto de compromiso e rebeldía contra o esquecemento desas personaxes humildes nas que tamén está representada a identidade colectiva. Literatura como unha opción ética e estética de poñer en tensión o pasado e inscribir nel estas novas olladas que aspiran a modificalo. É dicir, a ficción, como lugar de exploración dos discursos do pasado, para iluminar eses espazos invisibles, para recompoñer as pluralidades das voces ausentes e achegar novas verdades a esa memoria en permanente construción.

Nas seguintes ligazóns pode escoitar:

   

  1. Quem guardará os livros

Lídia JorgeEscritora Galega Universal 2013

Nas seguintes ligazóns pode escoitar: