Adhesións á asignación do nome "Curros Enríquez" á futura estación do tren de Ourense
29/4/2013
Foto da novidade

A Asociación e Escritoras e Escritores en Lingua Galega acordou realizar unha recollida de sinaturas para reivindicar o nome de Curros Enríquez para a futura estación de ferrocarril de Ourense.

 
Se quere comunicarnos a súa adhesión, envíenos unha mensaxe a oficina@aelg.org indicando os seguintes datos:
 
Nome e apelidos
Ocupación (opcional)
Número de Documento de Identidade (non se fará público)
 
 
Listaxe de adhesións:
 
  1. Adrián Antonio Delgado Martínez
  2. Afonso Becerra de Becerreá, dramaturgo, director de escena e profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
  3. Agustín Fernández Paz, escritor
  4. Alberte Momán, enxeñeiro
  5. Alberte Suras, escritor e profesor
  6. Alfredo Ferreiro Salgueiro, consultor tecnocultural e escritor
  7. Amadeo López Cobas, funcionario de xustiza
  8. Ana García García
  9. Ana Rodríguez Barreiro, profesora de ensino secundario
  10. Anselmo López Carreira, profesor.
  11. Antón Cortizas Amado, mestre/escritor
  12. Antón Dobao
  13. Antón Riveiro Coello, escritor
  14. Antonio García Teijeiro, mestre e escritor
  15. Antonio Reigosa, escritor
  16. Antonio Yáñez Casal
  17. Anxo Otero Montero
  18. Anxo Tarrío Varela, Catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de  Santiago de compostela
  19. Araceli González Andrade, profesora de Secundaria
  20. Arancha Rodríguez Fernández, estudante
  21. Armando Requeixo Cuba, profesor e crítico literario
  22. Arturo Casas Vales, profesor USC
  23. Baldo Ramos, poeta e artista plástico
  24. Beatriz Maceda Abeleira, mestra e escritora
  25. Beatriz Vilaverde Santamariña, traballadora desempregada
  26. Belén López Vázquez, editora
  27. Camilo F. Valdehorras, lector
  28. Carlos Caetano Biscaínho Fernandes, Profesor da Universidade da Coruña
  29. Carlos Mella, escritor
  30. Carlos Negro, docente de ensino secundario
  31. Carlos Pereira Martínez, historiador
  32. Carlos Quiroga Díaz
  33. Carme Fernández Pérez-Sanjulián, profesora UDC
  34. Carme Lamela Villaravid
  35. Carmen García-Rodeja, profesora
  36. Celsa Barja, escritora
  37. César Morán Fraga, profesor e músico
  38. Cesáreo Sánchez Iglesias, escritor
  39. Chelo Borrajo Viana
  40. Chelo Suárez Muíños, escritora
  41. Concha Blanco Blanco, prexubilada da Docencia
  42. Constantino Rábade Castiñeira, escritor
  43. Cruz Martínez Vilas
  44. Daniel Landesa
  45. Darío Portela
  46. Darío Xohán Cabana Yanes, escritor
  47. David Otero, mestre-escritor
  48. Delia González Fariña
  49. Dores Tembrás Campos, escritora
  50. Eduardo Estévez
  51. Elena Fernandez Trillo, estudante
  52. Elena Gallego Abad, xornalista e escritora
  53. Elvira Moroño Suárez, profesora
  54. Esperanza Mariño, profesora
  55. Esperanza Moreiras Cuñarro, profesora.
  56. Felipe-Senén López Gómez, museólogo
  57. Félix Longueira Fafián, profesor
  58. Fermín Bouza Álvarez, catedrático de Socioloxía UCM
  59. Fernando Michelena Seivane
  60. Fina Casalderrey, escritora
  61. Fran Alonso, escritor
  62. Francisco carballo carballo, historiador e escritor
  63. Francisco Castro, escritor
  64. Francisco Rodríguez Sánchez, escritor
  65. Francisco Sampedro Ojeda
  66. Francisco Souto Barreiro, percebeiro
  67. Francisco Xosé Rei García, opositor
  68. Heidi Kühn-Bode, escritora
  69. Helena Villar Janeiro, escritora
  70. Henrique Alvarellos Casas, editor e xornalista
  71. Henrique Dacosta López
  72. Henrique Rabuñal, escritor
  73. Inmaculada Otero Varela
  74. Iria Aboi
  75. Iria García Silva
  76. Isaac Alonso Estraviz, professor jubilado da Universidade de Vigo, pólo de Ourense
  77. Isabel Vaquero Quintela, traballadora da USC
  78. Iván García Campos
  79. Javier Torre Rodriguez
  80. Joaquim Ventura Ruíz
  81. Jorge Emilio Bóveda, escritor e mestre
  82. José Javier Enériz, administrativo
  83. José Luís Grande Grande, profesor de ensino secundario
  84. Kathleen March, profesora de español
  85. Laura Tato Fontaíña, profesora da UDC
  86. Letícia Álvarez Lorenzo, escritora e educadora social
  87. Lois Diéguez
  88. Lola Arxóns Álvarez, profesora
  89. Lorena Cruz González
  90. Lucía Novas Garrido, profesora e poeta
  91. Luís G Soto, profesor
  92. Luís Lamela García
  93. Luisa Abad Abad, orientadora escolar xubilada
  94. Luz Pichel González, poeta e profesora xubilada
  95. M. Neves Paz Vilar, técnica de Cultura
  96. Mª das Dores Lucía Rivas Troiteiro, ensinante
  97. Mª del Mar Fernández Vázquez, investigadora en Formación e Perfeccionamento
  98. Mª dos Anxos González Refoxo, profesora
  99. Mª Isabel Soto López
  100. Mª Jesús Pazos Rey, mestra
  101. Mª Natividad Sánchez Díaz, funcionaria.
  102. Mª Xesús Pato Díaz, profesora de Xeografía e Historia
  103. María Rodríguez Suárez
  104. Manuel Forcadela
  105. Manuel Rei Romeu, docente
  106. Manuela Alvarez Lozano
  107. Marcelino Fernández Mallo 
  108. Marcos Doforno Obes
  109. Margarida Corral Sánchez, técnica de igualdade
  110. María Belén López Vázquez, editora
  111. María Concepción Álvarez Lebredo, profesora de ensino secundario
  112. María do Mar Hermida Pico, profesora 
  113. María Liñeira, filóloga
  114. María Xesús Nogueira Pereira, profesora de Literatura Galega
  115. María Xosé Queizán
  116. Marica Campo
  117. Marina Vérez López, empregada de banca
  118. Marta Dacosta Alonso, escritora e docente
  119. Martiño Maseda Lozano, escritor
  120. Mercedes Leobalde
  121. Mercedes Queixas Zas, escritora
  122. Miguel García-Fernández, estudante de posgrao na USC
  123. Miro Villar, profesor e escritor
  124. Modesto Fraga Moure, escritor e responsábel portavoz comarcal do BNG Costa da Morte
  125. Moncho Iglesias Míguez, mestre e escritor
  126. Nacho Alonso Martín, empresario
  127. Natalia Veiga Galindo
  128. Noelia Fernández Sánchez, estudante
  129. Norberto Varela Calvo, lector
  130. Olalla Cociña
  131. Olga Patiño
  132. Óscar Ascariz Gacio, parado
  133. Óscar Bouzas, mestre
  134. Óscar Valero Rodríguez, xornalista
  135. Pablo Romero Vilarchao, estudante
  136. Paco Martín, escritor
  137. Paulino Peña Álvarez, mestre
  138. Puri Seixido, guionista
  139. Rafael Laso Lorenzo, enxeñeiro e escritor
  140. Ramiro Torres
  141. Ramón Caride
  142. Ramón J Trillo Leis
  143. Ramón Nicolás, profesor e crítico
  144. Raúl Gómez Pato, escritor e profesor
  145. Ricardo Pichel Gotérrez, profesor da Universidade Complutense de Madrid
  146. Roberto Pascual Rodríguez, profesor e director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
  147. Rosa Enríquez Noya, profesora de ensino medio
  148. Rosa Martínez Vilas
  149. Rosa Méndez Fonte, investigadora e docente
  150. Roxelio Xabier García Romero, tradutor
  151. Salvador García-Bodaño, escritor
  152. Sergio Álvarez Vales, estudante
  153. Silvia Bardelás Álvarez
  154. Siro López Lorenzo, xornalista
  155. Sonia Méndez López, operaria
  156. Sulma Arias, escritora
  157. Susana Álvarez Martínez, profesora de ensino secundario
  158. Tareixa Roca, profesora
  159. Tati Mancebo López, xestora cultural
  160. Teresa Moure Pereiro, profesora da USC e escritora
  161. Teresa Seara Domínguez
  162. Toño Núñez, mestre
  163. Vicente Piñeiro González, topógrafo xubilado
  164. Víctor Campio Pereira, profesor xubilado
  165. Vítor Garabana, enxeñeiro
  166. Vitor Vaqueiro Foxo, escritor.
  167. Vítor Vicente Díaz
  168. Xaime Trillo
  169. Xabier Cordal
  170. Xabier López López
  171. Xan Arias
  172. Xan Fraga, profesor e historiador
  173. Xaquin Campo Freire, crego e escritor
  174. Xavier Lama
  175. Xavier Queipo, biólogo e escritor
  176. Xavier Rodríguez Barrio, poeta e coordinador de Normalización Lingüística da Deputación de Lugo
  177. Xavier Seoane Rivas
  178. Xesús Pacoret Balsa, mestre
  179. Xesús Rábade Paredes, escritor
  180. Xiana de la Peña Parga
  181. Xoán C. Chillón Iglesias, mestre
  182. Xoán Xosé Fernández Abella, mestre xubilado e escritor
  183. Xosé Daniel Costas Currás
  184. Xosé Estévez Rodríguez, profesor xubilado da Universidade de Deusto.
  185. Xosé Farruco Graña Rama, profesor de Secundaria
  186. Xosé Fernando Varela Parada, Concelleiro de Deportes e Vivenda no Concello de Ourense
  187. Xosé Henrique Rivadulla Corcón, poeta
  188. Xosé M. Eyré Val, catedrático de Lingua e Literatura, crítico literario e escritor
  189. Xosé María Álvarez Cáccamo, escritor
  190. Xosé Neira Vilas
  191. Xosé Rodríguez Ferrer, escritor
  192. Xosé Vázquez Pintor, escritor
  193. Xurxo Lobato, fotógrafo
  194. Yolanda Castaño, escritora
  195. Yolanda López López, funcionaria da administración de xustiza e escritora


 
 
 

 
 
Manifesto da AELG
 
O patrimonio dunha sociedade non só está representado polas obras, grandes ou pequenas, de carácter material, construídas ou fabricadas ao longo do tempo. O patrimonio espiritual ou inmaterial conflúe co anterior en lle dar o ser á colectividade, sendo o referente principal de identificación, o que define a maneira de ser, de vivir, de interpretar o mundo.

Ese patrimonio inmaterial pode ser obra do conxunto da comunidade elaborado ao longo do transcorrer da historia e, polo tanto anónimo, ou pode ser de autoría coñecida, respondendo á creatividade dun dos seus membros, obra de creación coa que se identifica o conxunto  do grupo social.

A obra literaria forma parte dese acervo comunitario que, nacendo como obra individual, remata por ser integrada como tesouro común e voz colectiva da colectividade da que emana.

Moitos son os referentes do noso entorno cultural no que as escritoras e escritores dunha cidade ou dun territorio e a súa obra, se transforman en referente cultural e de identidade que traspasa as fronteiras e convoca a visitantes.

Ourense, referente especial na historia da literatura de Galicia, integra no seu ser a memoria dos seus escritores, dedicándolles rúas, prazas ou espazos públicos e erguendo elementos conmemorativos da súa memoria, obra artística que é, tamén, creación dos seus artistas plásticos.

Exemplo desta sensibilidade particular podería ser o Roteiro da Esmorga, percorrido literario e emocional polo corazón do Ourense perdurable, seguindo, a xeito de estacións, os capítulos desa obra principal da nosa literatura que é a novela de Eduardo Blanco Amor.

Agora, cando Ourense recibe o vento do futuro, de novo a través do tren, como sucedera xa aquel 31 de outubro de 1881, cando recibiu a primeira locomotora, debemos lembrar que un dos escritores máis representativos do seu ser, nacido en Celanova e durante anos residente na cidade, Manuel Curros Enríquez, escribía para conmemorar aquel acontecemento o poema: NA CHEGADA A OURENSE, DA PRIMEIRA LOCOMOTORA, ao que pertencen estes versos:

 

Vela ahí ven, vela ahí ven avantando

Cómaros e corgas, e vales, e cerros.

¡Vinde vela, mociños e mozas!

¡Saudáina, rapaces e vellos!

 

Por onde ela pasa

fecunda os terreos,

espértanse os homes,

frolecen os eidos.

 

............................

............................

 

Por iso, diante da remodelación e posta en funcionamento dunha nova estación no barrio ourensán da Ponte, capaz de acoller e servir ao novo ferrocarril de alta velocidade, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, por consideralo de xustiza, reivindica que esta leve o nome de Curros Enríquez e que na mesma figuren as estrofas daquel poema co que o escritor saudaba a chegada da modernidade. 

 

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Abril de 2012