Convócanse os/as Socios/as da AELG para antes do vindeiro 18 de marzo remitiren unha única proposta por categoría (non é preciso facer propostas en todas) para a mellor obra de literatura infanto-xuvenil, poética, narrativa, teatral, ensaística e de tradución publicada en 2012, así como a persoa coa mellor traxectoria xornalística e mais o mellor blog literario do ano pasado aos seguintes contactos (sempre indicando o/a remitente):
AELG
Avenida de Alfonso Molina, s/n
Edif. Sindicatos, 8º andar
15.008 - A Coruña
oficina@aelg.org
Fax: 981 133 233
A relación final de obras finalistas farase pública o día 22 de marzo na web da AELG e a través dos medios de comunicación, abríndose ese mesmo día a segunda fase do proceso de elección.