Trinta e seis obras finalistas compiten polos Premios AELG 2013
22/3/2013

·     Os premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegan á décimo cuarta edición

·       As obras finalistas, publicadas en 2012, foron escollidas polos 425 socias e socios da AELG, que nunha segunda fase tamén decidirán as gañadoras, que se darán a coñecer na gala que terá lugar o 4 de maio no auditorio do Centro Ágora da Coruña

 

Os socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2012 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados de Gálix e os membros do Colexio de Xornalistas respectivamente.

As obras gañadoras daranse a coñecer na gala que terá lugar o 4 de maio no auditorio do Centro Ágora da Coruña.

 

Así pois, da conxunción de votos emitidos na primeira quenda resultaron finalistas:

 

Blogs Literarios

 

Ensaio

 

Literatura Infanto-xuvenil

 

Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2012

 

 

Narrativa

 

Poesía

 

Teatro

 

Tradución

  

Na segunda fase, xa en andamento, os asociados e asociadas decidirán as obras gañadoras.  

Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG: 

·     O premio Mestres e Mestras da Memoria, de nova creación, que se concede nesta primeira edición a Manuela Cortizo Medal e Ángel Rivas Veiga, por toda unha  vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional;

·     O Premio Institucións que se concede a quen contribuíse á divulgación da lingua e cultura galega, e que este ano será para o asociacionismo cultural representado por aquelas asociacións que, nacidas nas décadas dos 60 e 70, aínda manteñen a súa vitalidade e activismo cultural (Agrupación Cultural O Galo, Agrupaçom Cultural O Facho, Clube Cultural Valle Inclán, Agrupación Cultural Auriense, Agrupación Cultural Francisco Lanza, Agrupación Cultural Avantar, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Agrupación Cultural Lumieira, Sociedade Cultural Medulio, Associaçom Cultural Amig@s da Cultura de Pontevedra);

  •    E mais o Premio AELG 2013 Escritora Galega Universal, outorgado pola Asemblea á escritora Lídia Jorge, galardón que a distingue como autora que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da     dignidade humana.

 

No transcurso da gala a AELG tamén entregará aos humoristas gráficos Siro López Lorenzo “Siro”, Xosé Lois González Vázquez “O Carrabouxo, Xosé Ángel Rodríguez López “Gogue”, Xosé Carreiro Montero “Pepe Carreiro” e Xaquín Bieito Marín Formoso “Xaquín Marín” a distinción “Bos e Xenerosos”.