Faleceu María Díaz Vidal
31/10/2013

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega mostra o seu fondo pesar polo pasamento da súa socia María Díaz Vidal, autora de "Ó vento".

O funeral oficiarase na igrexa parroquial de San Tirso de Ambroa (Irixoa), hoxe xoves 31 de outubro, ás 12.00 da mañá. A continuación recibirá sepultura no camposanto da mesma parroquia.

A saída do fogar funerario será hoxe xoves ás once e cuarto da mañá (Pompas fúnebres - Praza da Palloza - A Coruña).