Aberto o prazo de inscrición para a VI Xornada de Literatura de Tradición Oral: Historias, mitos e monstros do mar de Galicia
11/10/2013
Co patrocinio da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo

 Aberto o prazo de inscrición (até o 6 de novembro):

O profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario que teñan interese no título da Consellaría de Educación, deben inscribirse na web da AS-PG
Aquelas persoas que non se atopen entre as destinatarias poderán asistir á xornada e, anotándose previamente en oficina@aelg.org, recibir un diploma de asistencia emitido pola AELG. Indicarase na mensaxe o nome completo e o número do documento de identidade.
 
 
Entidade convocante: ASOCIACIÓN SOCIO-PEDAGÓXICA GALEGA (en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega)
Denominación da actividade: VI Xornada de Literatura de Tradición Oral: Historias, mitos e monstros do mar de Galicia
Modalidade formativa: Curso
Datas de realización: 9 de novembro de 2013
Horario: Mañá de 09:45 a 14:00 e tarde de 16:30 a 20:30h
Lugar onde se levará a cabo a actividade: Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (rúa San Marcos, 8)
Valoración en horas de formación: 8 horas presenciais.
Número de prazas: 100
Persoas destinatarias: Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
Custo de matrícula: Gratuíta
Criterios de selección: Por rigorosa orde de inscrición en http://www.as-pg.com/Xestion/Curso/EncontrarCursos.do?identifierType=CURSO_ID&identifier=355, tendo preferencia os socios-as e afiliados-as á AS-PG e á AELG.