Arrinca o proceso de nomeamento de Agustín F. Paz como doutor honoris causa pola Universidade de Vigo
21/6/2012
Foto da novidade

O 20 de xuño de 2012, o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, a pedimento expreso e por escrito da AELG, acordou POR UNANIMIDADE aprobar a proposta de nomeamento do escritor Agustín Fernández Paz como DOUTOR HONORIS CAUSA en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo.

É o principio dun camiño que agardamos remate nos vindeiros meses co xusto e merecido recoñecemento para o noso excelso escritor.