As obras gañadoras daranse a coñecer na Cea das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que terá lugar o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela.
Así pois, da conxunción de votos emitidos nunha primeira quenda resultaron finalistas:
Narrativa
Ensaio
Poesía
Teatro
Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2011
Literatura Infanto-Xuvenil
Tradución
Mellor Blog Literario
Na segunda fase, xa en andamento, os asociados e asociadas decidirán as obras gañadoras.
Alén destas categorías, os Premios Aelg constan doutros dous galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da Aelg: o premio para a Institución que se caracterizase pola súa contribución á divulgación da literatura galega, que este ano será para o labor colectivo desenvolvido no ámbito da administración e da educación, singularizado nomeadamente nos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino e os Servizos de Normalización dos concellos; e mais o Premio AELG 2012 “Escritor Galego Universal”, outorgado pola Asemblea ao escritor José Luis Sampedro, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana.