Francisco Carballo, Bo e Xeneroso
22/2/2012

 pasado sábado 10 de decembro o Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), decidiu nomear Bo e Xeneroso a Francisco Carballo Carballo, historiador e mestre de historiadores, promotor de empresas editoras en galego.
Ao longo de máis de corenta anos o noso homenaxeado participou coa súa escrita e co seu activismo en dotar de contidos vertebradores á realidade social e cultural de Galicia, o que o converte nunha figura referencial para a cultura e a sociedade galega no seu conxunto.
Francisco Carballo súmase así á lista dos Bos e Xenerosos da AELG, conformada porAvelino Pousa AnteloMuseo do Pobo GalegoPonte nas ondasIsaac Díaz Pardo,Asociación Socio-Pedagóxica GalegaMariví Villaverde, Concellos organizadores do Premio Blanco Amor e Francisco Fernández del Riego.
Coa homenaxe Os Bos e Xenerosos a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega propón anualmente un acto de estudo e recoñecemento dunha figura ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión da nosa cultura.
O acto terá lugar no Museo do Pobo Galego o vindeiro 3 de marzo ás 12.00, cunha laudatio do historiador Anselmo López Carreira.

 

Descargue aquí o cartel da homenaxe.

 

Programa do acto

12:00

INTERVENCIÓN de Cesáreo Sánchez Iglesias

Presidente da Aelg

LECTURA DA ACTA de concesión do Premio 

Mercedes Queixas Zas

Secretaria Xeral da Aelg

LAUDATIO pronunciada por Anselmo López Carreira 

ENTREGA dunha placa conmemorativa ao homenaxeado

RESPOSTA á laudatio de Francisco Carballo