A cargo dos escritores Isidro Novo e Antonio Reigosa, e desenvolveuse no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra
Mañá, ás 18:00, comezará a última das 13 sesións que se viñeron desenvolvendo desde setembro, co apoio da Concellaría de Cultura da capital lucense.
Para poñer o ramo ao obradoiro estará o contacontos Celso F. Sanmartín
.
(Lugo, 17 de decembro de 2012). Mañá, martes 18 de decembro, ás 18:00 horas, terá lugar a última das sesións do Obradoiro de creación literaria que, dentro do programa Escola de Escritoras e Escritores da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, organizou esta entidade na cidade de Lugo co patrocinio da súa Concellaría de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.
O obradoiro tivo unha duración de 26 horas, nas que se animou a escribir textos literarios mediante a manipulación de formas lingüísticas e a imitación de modelos expresivos da nosa tradición literaria, aos que podemos chegar mediante o xogo e a descuberta da nosa propia creatividade.
Outro dos obxectivos é o de dar a coñecer o sistema literario como elemento configurador en sentido amplo do concepto de cidadanía e de pertenza a un sistema cultural a través da lnarración oral. Considerando, pois, que o benestar persoal e colectivo non descansa unicamente na suficiencia económica, e que se basea principalmente no goce dunha cultura normalizada, respectuosa coa tradición para, desde aí, abrirse ao futuro.