Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947), que hai tres anos conseguía o Premio Nacional de Literatura Infantil, obtén agora o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil 2011, outro prestixioso galardón que convoca a Fundación SM desde 2005 coa colaboración dunha serie de institucións como o CERLALC, IBBY…e a Feira do Libro de Guadalajara, onde se fará entrega deste premio, cuxo obxectivo é recoñecer aqueles autores/as que desenvolveran a súa carreira literaria no ámbito do libro infantil e xuvenil. Para isto, propóñense cada ano candidaturas desde institucións ou empresas do mundo cultural ou educativo, e delas elíxese a máis significativa baixo o presuposto de que o premiado/a teña "unha valiosa obra de creación para o público infanto-xuvenil, de importancia transcendente no ámbito iberoamericano e escrita en calquera das linguas de Iberoamérica".
Vexa aquí un
.pdf con máis información.