Está aberto o prazo de matrícula para as IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral organizadas pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, que terán lugar os días 28 e 29 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Lugo, rúa San Marcos, 8) co lema “Lendas urbanas. Mitos e ritos dos tempos modernos”.
Está solicitada a homologación ante a Consellaría de Educación por 10 horas, e a matrícula é preferente para socios/as da AELG e da AS-PG (por orde de inscrición).
O colectivo destinatario é o profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario. Para as persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación resérvanse 25 prazas.
A matrícula, gratuíta, farase desde hoxe até o 25 de outubro de 2011 a través da web:
Para o resto das persoas, para as que a entrada é libre, poderase solicitar a emisión por parte da AELG dun certificado de asistencia en oficina@aelg.org.
Podes consultar o programa en:
Modalidade formativa: Curso presencial
Obxectivos previstos:
- Identificar a lenda urbana como expresión actual da literatura de tradición oral.
- Identificación das estratexias das lendas para reubicarse xeograficamente e para a ctualizarse, para espirse do anacrónico nas sucesivas transmisións e reforzar así a súa credibilidade.
- Identificación das estratexias diexéticas de diversas lendas urbanas e a súa aplicación no ensino da historia da literatura así como o fomento da creatividade narrativa do alumnado.
- Comprensión do poder da narración oral ao longo dos tempos.
- Capacitar para a identificación do carácter transcultural da literatura oral e a súa potencialidade na educación en valores.
Metodoloxía que se vai empregar:
- Análise temática e dos núcleos narativos das lendas urbanas e comparación cos habituais na literatura de tradición oral.
- Estudo de diversas lendas urbanas e dos seus precedentes históricos.
- Análise do papel dos novos medios de difusión da narración oral: a literatura de tradición oral e as novas tecnoloxías da información.